O ministro español de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel
Arias Cañete, mostrou a súa satisfacción polo acordo alcanzado sobre
a reforma da Política Agrícola Común (PAC), que lles permitirá abrir a
negociación do texto final co Parlamento Europeo.
Estamos moi satisfeitos do resultado e como se configurou o mandato
negociador" para a PAC que se aplicará no período 2014-2020,
indicou Arias Cañete á prensa ao termo do Consello de Ministros de
Agricultura da Unión Europea (UE).
O Consello alcanzou na madrugada do mércores e tras dous días de maratonianas
negociacións a posición que defenderá ante a Eurocámara e a Comisión Europea
(CE) na negociación da futuraPAC, que incluirá a obrigatoriedade de prácticas
ecolóxicas a cambio das axudas e unha repartición dos fondos máis equilibrada.