viernes, 7 de diciembre de 2012

Un grupo de parados crea unha Cooperativa de Distribución



Preséntovos a Iniciativa social para o ecoempleo ISOECO. Os impulsores desta iniciativa son desempregados que se agruparon recuperando un terreo ecolóxico que estaba a punto de perderse, debido á reducida marxe de beneficio que estaba a afogar os seus propietarios.

Co proxecto ISOECO volveron producir e pretenden tecer redes de autoconsumo baseadas na relacion directa entre o campo e a cidade, entre produtor e consumidor.

Un grupo de parados de Murcia loita por encontrar un oco no mercado laboral sen renunciar á utopía. Fronte aos que insisten en que só hai un camiño para saír da crise, este proxecto pretende crear traballo decente a través da distribución xusta de produtos agro-ecolóxicos.

Varios membros da Asemblea de Persoas Paradas de Molina de Segura (Murcia) decatáronse coa denuncia e a reivindicación de que non abondaba, senón que había que acompañar estas accións con «a creación de alternativas». ISOECO naceu no ano 2011, «ante a dificultade de encontrar traballo e a convicción de que só a través de inventarnos o noso propio traballo poderiamos reinserirnos no mercado laboral», en palabras dun dos seus impulsores, José Coy.

O colectivo que hoxe move a iniciativa está formada por parados que se recoñecen «en risco de exclusión» (a maioría con máis de 45 anos de idade). Algúns traballaron na agricultura, outros no comercio, as artes gráficas, os servizos e ata no Terceiro Sector. Tamén coincidiron persoas con traballo aos que lles seduciu a formulación de ISOECO e se converteron en «voluntarios».

A Cooperativa Fagor


Historia:

Fagor Electrodomésticos é a empresa máis señera da Corporación Mondragon, xa que foi a empresa pioneira desta corporación e aínda hoxe en día segue sendo unha das máis importantes. Xurdiu en outubro de 1956 cando cinco ex-estudantes da escola profesional de Mondragón: Luis Usatorre, Jesús Larrañaga, Alfonso Gorroñogoitia, José María Ormaetxea e Javier Ortubay, compraron o taller Otalora situado en Vitoria-Gasteiz e que posuía licenza para construír aparatos de uso doméstico. Chamaron a empresa Talleres Ulgor, palabra formada polas iniciais dos seus apelidos.

En 1959, imbuídos nas ideas de José María Arizmendiarrieta, fundador da escola profesional, transformaron a empresa en cooperativa. O taller de Vitoria trasladouse a Mondragón e en 1959 rexistraron como marca Fagor, despois de que lles fose imposible rexistrar Tagor. A empresa sería coñecida a partir de entón como Fagor, aínda que oficialmente continuou sendo Ulgor ata 1990.

Fagor sería a cooperativa máis dinámica das que se fundaron en Mondragón naquela época, contribuíu decisivamente a formación doutras cooperativas, á da Caixa Laboral en 1959, a Escola Politécnica en 1964 e o embrión de MCC no mesmo ano.


Marcas:

Fagor Electrodomésticos posúe numerosas marcas. A nivel internacional as súas dúas marcas principais e máis coñecidas son Fagor e Brandt, sendo a primeira delas ademais unha marca de primeira orde en España e a segunda en Francia. De Dietrich é outra marca internacional que vén a ocupar un nicho máis alto de mercado.

En España posúe outras dúas marcas asentadas: Aspes e Edesa. Edesa é a segunda marca de Fagor, que a partir de 2006 vai orientarse cara á clientela nova. Aspes vén a ser a marca do segmento medio-baixo de mercado.

En Francia posúe outras dúas marcas coñecidas: Sauter unha marca de cociñas e Vedette de lavadoras.
En Italia Ocean orientada a mozos e SanGiorgio, de lavadoras.

Por último para Polonia e mercados do leste posúe a marca Mastercook.