martes, 4 de junio de 2013

Xornadas Emprende Cooperativas-Ourense

O cooperativismo é unha fórmula empresarial de autoemprego con vantaxes e particularidades fronte a outras formas xurídicas e preséntase como un excelente modo de emprendemento no momento actual.

No marco do proxecto POCTEP Coopera +, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o subdirector xeral de Cooperativas e Economía Social da Consellerla de TrabaIb e Benestar da Xunta de Galicia convídao á inauguración e ao ciclo de xornadas “Unha oportunidade en tempos de crise. Emprende cooperativas” que terán lugar en Santiago de Compostela, Vigo e Ourense os días 30 de maio e 5, 7 e 11 de xuño de 2013.

As xornadas, que se desenvolverán de 09.30 a 18.00, están dirixidas a persoal técnico e axentes intermedios de entidades interesadas na promoción do emprego e fomento do cooperativismo e a economía social, e teñen como obxectivo achegar unha visión actual sobre como fomentar e mellorar a inserción laboral de persoas desempregadas. Igualmente, resultan de interese para emprendedores e público en xeral.


Cada xornada está deseñada dende unha visión práctica e achegará solucións e coñecemento sobre a realidade das cooperativas e cuestións prácticas para a súa posta en funcionamento. Pola mañá ofreceranse lugar relatorios e experiencias de emprendemento cooperativo. Pola tarde os asistentes poderán participar nunha feira de recursos e oportunidades para a inserción laboral onde se presentarán estudos territoriais de oportunidades de negocio, directorios, plans de internacionalización e outros servizos e recursos actuais para a inserción desenvoltos polo proxecto Coopera.

Inscricións:

Confirme a súa asistencia no teléfono 986 419 922 ext (2006)
ou no enderezo electrónico cooperamais@eusumo.coop
www.cooperamais.org

Na seguinte ligazón pódese consultar o programa: VER PROGRAMA (facer clic sobre o texto)



Catálogo de produtos agroalimentarios de Cooperativas de Galicia

Na seguinte ligazón dánse conta dos diferentes produtos derivados da actividade produtiva das diferentes Sociedades Cooperativas Agroalimentarias existente en Galicia.

Entre os de maior importancia e referencia destacan:
  • O viño.
  • A carne.
  • Os produtos lácteos.
  • A horta.
  • O mel.
En definitiva, trátase dunha pequena mostra dos magníficos produtos, antesala da formidable capacidade produtiva das nosas cooperativas.

Enlace ao: CATÁLOGO DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS DE GALICIA (facer clic sobre o texto)