A Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade Terra de Celanova vencellada á Rede Eusumo ven de iniciar a súa andaina, grazas ó apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo.
jueves, 25 de abril de 2013
A Xunta dedicará este ano 138 millóns a axudas para combater o paro
Coincidindo coa difusión da enquisa de poboación activa
(EPA) relativa ao primeiro trimestre do 2013, que cifra os parados galegos nun
récord de 287.400, o Conselo da Xunta deu luz verde esta mañá a un informe
recompilatorio de todas as axudas para o fomento do emprego que a
Administración autonómica mobilizará este ano. En global, suman 138 millóns de
euros distribuídos en 28 ordes, segundo datos facilitados en rolda de prensa
polo xefe do Executivo, Alberto Núñez Feijoo.
Ao termo da reunión semanal do seu Gabinete, o mandatario
popular estimou en 37.500 as persoas que ao longo do exercicio poderán
acollerse a algunha das iniciativas do programa de loita contra o paro. Esas
contas inclúen, entre outros, beneficiarios de fondos de formación, de apoios a
emprendedores, de impulsos ao cooperativismo e de incentivos para a
dinamización do mercado laboral vía contratación directa.
Feijoo, en cumprimento dun compromiso adquirido durante o
seu debate de investidura, a finais de novembro pasado, anunciou tamén o lanzamento
de subvencións para que os autónomos creen postos de traballo. Así, para
incorporar a un primeiro asalariado, recibirán entre 4.000 e 6.000 euros, e
-aquí a gran novidade- para fichar a segundos e terceiros, dende 5.000 ata
7.000.
Na súa intervención, o presidente da Xunta admitiu sen
ambaxes que o paro é o principal problema da comunidade, «ou desemprego
masivo», se ben non deixou de caer nunha das súas tentacións favoritas, a de
contrapoñer as cifras da autonomía que goberna coas do resto. Aí, os números
sáenlle a gañar: a taxa de desemprego de Galicia (22,35 por cento) contrasta
tanto coa doutras rexións (o 36,87 por cento de Andalucía, por exemplo) como
coa media española, que o Instituto Nacional de Estatística sitúa nos 27,16
puntos porcentuais.
«Temos que intentar reactivar xa un mercado laboral do que,
despois dá EPA de hoxe, seguimos vendo a súa debilidade», recoñeceu, non
obstante, o líder do PPdeG. «Asistimos a un momento -abundou- de extraordinaria
dificultade económica».
BBVA concede o V Premio INTEGRA ao grupo Galega de Economía Social
O galardón ten como obxectivo recoñecer o labor daquelas
iniciativas innovadoras que xeran emprego de calidade para persoas con
minusvalidez.
O Premio INTEGRA BBVA, que este ano celebra a súa quinta
edición, recaeu na iniciativa Galega de Economía Social, premiada con 200.000
euros. Este grupo de entidades ten como finalidade a integración laboral de
persoas con minusvalidez, fundamentalmente física. Galega de Economía Social,
que na actualidade emprega 437 persoas con minusvalidez, ofrece unha ampla
carteira de servizos asociados a distintos sectores de actividade - ambiental,
agroalimentario, gráfico, téxtil, TIC e servizos de distribución. Enmarcado
dentro do Plan INTEGRA de BBVA, este galardón está destinado a impulsar a
excelencia e innovación no emprendemento social e na integración laboral das
persoas con minusvalidez, así como fomentar a igualdade de oportunidades e
mellorar a calidade de vida deste colectivo.
O Premio INTEGRA BBVA entregouse por primeira vez en 2009 e
é unha iniciativa posta en marcha por BBVA para recoñecer o labor daquelas
organizacións sen ánimo de lucro ou emprendedores autónomos que desenvolven
proxectos de integración laboral de persoas con minusvalidez e impulsan o
desenvolvemento de iniciativas e boas prácticas neste ámbito de actuación.
Galega de Economía Social convértese no quinto gañador deste premio, dotado con
200.000 euros.
Ao premio presentáronse 136 candidaturas, que foron
valoradas por un xurado integrado por Luis Cayo Pérez, presidente do Comité
Español de Representantes de Persoas con Minusvalidez - CERMI; Pedro Moyano,
secretario da Confederación Española de Persoas con Minusvalidez Física e
Orgánica - COCEMFE; Emilio Sáez, presidente da Federación Empresarial Española
de Asociacións de Centros Especiais de Emprego - FEACEM; Anna Cohi, presidenta
de FEAFES Emprego; Enrique Galván, director xeral da Confederación Española de
Organizacións a favor das Persoas con Minusvalidez Intelectual - FEAPS; Sabina
Lobato, directora de Emprego, Formación e Proxectos de Fundación ONCE; Albert
Riera, director de Comunicación de La Fageda, entidade gañadora do premio
INTEGRA 2012; e Álvaro Calleja, director de Responsabilidade e Reputación
Corporativas de BBVA en España e Portugal, que presidiu o xurado.
Unha exposición anima os mosenses a descubrir as cooperativas
A localidade de Mos acolle no multiusos dende hoxe e ata o
próximo venres unha exposición -en horario de 10.00 horas a 14.00 horas da mañá
e de 17.00 horas a 20.00 horas da tarde- sobre cooperativismo baixo o título de
"Descobre as Cooperativas", que organizan conxuntamente a Dirección Xeral
de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia, dependente da Consellería de
Traballo e Benestar, e o Conselo Galego de Cooperativas.
Incluída nesta exposición celebrarase unha conferencia sobre
cooperativas, o xoves en horario de 10.30 horas a 14.00 horas tamén no
Multiúsos, á que asistirán, entre outros relatores, un responsable da
Consellería de Traballo e Benestar.
Segundo o edil de emprego de Mos, Óscar Soto, os
destinatarios desta xornada de conferencias son persoas en situación de
desemprego, emprendedoras que estean a valorar a iniciativa do autoemprego,
asociacións e institucións interesadas no cooperativismo e na economía social;
e público en xeral, que poderán escoitar experiencias en primeira persoa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)