lunes, 25 de febrero de 2013

Programa Formativo UGACOTA


O vindeiro mes de marzo UGACOTA pon en marcha a súa programación formativa correspondente á convocatoria estatal de formación continua para entidades de economía social, xestionada pola Confederación española de cooperativas de traballo asociado-COCETA. A formación non ten ningún custe xa que está subvencionada.

O Plan de Formación da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA ten como obxectivo xeral mellorar tanto a cualificación das persoas socias e traballadoras coma a competitividade das cooperativas e empresas galegas de economía social.

Os cursos van dirixidos a: persoas socias e traballadoras de cooperativas e demais empresas e entidades da economía social, e persoas en desemprego, de Galicia.

As accións realizaranse na modalidade de teleformación e son as seguintes:

- Contaplus . 110 horas - Data de inicio pendente
- Programa Avanzado En Liderazgo e Habilidades Directivas. 150 horas - Inicio : 13/03/2013
- Inglés Profesional Para Actividades Comerciais. 90 horas - Inicio : 15/03/2013
- Marketing 2,0. 90 horas - Inicio: 15/03/2013
- Deseño de Páxina Web. 60 horas. Inicio : 18/03/2013
- Programa Avanzado Social Media Management . 120 horas - Inicio: 14/03/2013
- Cloud Computing. 30 horas - Inicio. 18/03/2013
- Photoshop . 80 horas - Inicio: 15/03/2013
- Manipulador de Alimentos. 10 horas - Inicio: 18/03/2013

Para ver o programa e preinscribirte nos cursos do teu interese,accede co seguinte enlace:


http://catalogoscursos.formaten.com/catalogos/index/UGACOTA2012

Ou a través da web de Ugacota: www.ugacota.coop


A opción de capitalizar o paro para crear unha empresa


A idea dos mozos emprendedores para crear unha empresa ou negocio choca frontalmente coas dificultades de financiamento que existen coas entidades de crédito. Esta situación motivado que moitos traballadores que se quedan no paro soliciten o cobramento nunha soa vez da prestación contributiva por desemprego, co fin de destinar a súa contía íntegra á creación de creación do propio posto de traballo como socio traballador ou de traballo dunha cooperativa ou dunha sociedade laboral -anónima ou limitada-, ou como traballador por conta propia.

Para acceder a este tipo de financiamento, o traballador debe ser beneficiario dunha pensión contributiva por desemprego e ter pendentes por percibir polo menos tres mensualidades. Así mesmo, tamén poderán ser beneficiarios os que se incorporen como socios traballadores de forma estable a unha cooperativa ou sociedade laboral xa existente, sempre que ou mantivesen un vínculo contractual previo coas devanditas sociedades superior a doce meses. Tamén é necesario non causar alta en ningún dos réximes da Seguridade Social, nin o Imposto de Actividades Económicas, con anterioridade á súa solicitude.

Os parados que queiran establecer como autónomos e solicitar o pagamento único teñen que expoñer nunha memoria o proxecto da actividade a desenvolver e o investimento necesario, así como a documentación que acredite a súa viabilidade.


Coren Grill e Atlántico ofrecen aforros en produtos galegos


A cooperativa ourensana Coren -a través das súas tendas Coren Grill- e Atlántico únense para ofrecer aos consumidores descontos ou regalos na compra de produtos da firma de alimentación durante os meses febreiro e marzo. Para iso, só hai que comprar o xornal Atlántico de luns a venres, recortar o cupón correspondente e acudir ao Coren Grill máis próximo para aproveitar a oferta, diferente cada día.

 Un dos remodelados establecementos de Coren Grill.

Os produtos da promoción de febreiro son algúns dos máis emblemáticos e recoñecidos da firma: o polo familiar (cun 20% de desconto), a costela asada e o polo de curral (con regalos). Pola súa compra pódense obter de forma gratuíta un chourizo, media ducia de ovos de curral, unha barra de pan artesán ou unha porción de croquetas (segundo o día).

En marzo cambiarán os produtos da promoción, polo que o lector de Atlántico deberá estar atento á información que ofrecerá o xornal. Para completar todo o referido a esta campaña poden consultar as webs www.atlantico.net e www.corengrill.es.