Esta actividade intégrase na Rede Eusumo, unha estratexia de
cooperación entre diferentes axentes públicos e asociativos.
A exposición, que permanecerá aberta ata o vindeiro 8 de
febreiro na Casa de Cultura de Portomarín (Rúa Ánxel Casal, s/n), fai un
recorrido polos elementos claves do modelo cooperativo.
En Galicia existen un total de 1.152 cooperativas que
agrupan a 90.158 socios e socias e crean un total de 18.649 postos de traballo.
A mancomunidade Camiño Francés conta na actualidade cun
total de 16 cooperativas postas en marcha, a maioría do sector agrogandeiro.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección
Xeral de Traballo e Economía Social, pon en marcha en Portomarín a exposición
‘Descubre as cooperativas’. Esta actividade intégrase na Rede Eusumo, unha
estratexia de cooperación entre diferentes axentes públicos e asociativos
orientada ao fomento do cooperativismo e a economía social dirixida á xeración
de emprego, e que conta co apoio do Fondo Social Europeo.