jueves, 9 de mayo de 2013

‘A Economía Social na Unión Europea’, novo informe do Ciriec


Publicado un novo informe sobre ‘A Economía Social na Unión Europea‘, elaborado polo CIRIEC Internacional por encargo do CESE. O informe supón unha actualización e ampliación do presentado polos mesmos autores hai cinco anos, e para a súa realización ten contado coa rede de corresponsables do CIRIEC-Internacional nos 27 países membros da Unión, coordinados por un Comité de Expertos e a propia Comisión Científica que preside o profesor Chaves. O estudo fai uso de tres obxectivos ou instrumentos intermedios: establece unha definición clara e rigorosa da Economía Social como concepto, e das diferentes clases de empresas e organizacións que a integran; determina os diferentes axentes que, independentemente da súa forma xurídica, forman parte da economía social de cada Estado membro da UE, e facilita datos macroeconómicos sobre o sector nos 27 Estados membros e os dous países candidatos, analizando a forma en que a economía social pode contribuír á aplicación da Estratexia Europea 2020.

Catorce millóns de empregos na UE e capacidade extraordinaria de resistencia á crise

Entre as principais conclusións do estudo destaca que a economía social emprega máis de 14 millóns de persoas na UE, o 6,5 do emprego total. En España, a economía social xera 1,2 millóns de empregos directos, o que equivale ao 6,74 do emprego total do país, porcentaxe algo por enriba do europeo.