Guillelme Brown
No COLEXIO GUILLELME BROWN
fundíronse durante anos os esforzos e ilusións de nenos e nenas, profesores,
pais,antigos alumnos, colaboradores e amigos, cunha mesma finalidade: A procura da Calidade Educativa
Arredor desta idea nace o COLEXIO
GUILLELME BROWN no ano 1987 como unha Sociedade Cooperativa, un centro privado, mixto, non confesional,
independente, non vencellado a ningunha ideoloxía política ou relixiosa pero si
aberto a todas as liñas de pensamento baseadas na ética democrática e nos
principios da Declaración dos Dereitos do Home.
O COLEXIO GUILLELME BROWN está
situado nun entorno natural, a tres quilómetros de Ourense. Ocupa unha finca de
21.000 metros cadrados con zonas de bosque autóctono, espazos axardinados,
charcas, horto, parque infantil, piscinas, pavillón polideportivo cuberto,
pista polideportiva exterior e unha ampla gama de instalacións que inclúen
comedor, biblioteca, laboratorio de ciencias, taller de tecnoloxía, aulas
específicas de idiomas, ciencias sociais, ballet, psicomotricidade, informática,música,
plástica...
Entenden o colexio como unha
comunidade viva de educadores e educandos, na que predomina o aspecto FORMATIVO fronte ao instrutivo; o DIÁLOGO
fronte á imposición; a CONVIVENCIA harmoniosa fronte ao individualismo egoísta.
Son valores incuestionables: a tolerancia, a solidariedade, a democracia, a
igualdade, a liberdade de conciencia, a libre discusión sen dogmatismos, en
definitiva, a educación para a liberdade.