A Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade Terra de Celanova vencellada á Rede Eusumo ven de iniciar a súa andaina, grazas ó apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo.
martes, 26 de febrero de 2013
A mostra ‘Descubre as cooperativas’ promoverá esta fórmula empresarial en Celanova a partir de hoxe
A exposición que está a promover a Consellería de Traballo e
Benestar para divulgar e impulsar o cooperativismo na comunidade autónoma chega
hoxe á localidade ourensá de Celanova. A mostra estará situada ata o próximo 1
de marzo no auditorio municipal Ilduara, emprazado na rúa do Cercado, s/n.
A exposición “Descubre as cooperativas” percorrerá un total
de 37 localidades galegas e intégrase dentro da Rede Eusumo, unha estratexia de
cooperación entre os axentes públicos e asociativos orientada ao fomento do
cooperativismo e economía social como fórmula de xeración de emprego.
Este proxecto ten como finalidade presentar as
potencialidades e solucións que ofrecen as cooperativas, que están a demostrar
a súa capacidade de manter e crear empregos na actual crise económica.
Así, na mostra faise un percorrido polos elementos clave do
modelo cooperativo: que son, que tipos hai, como funcionan, cales son os
valores que defenden, que pasos dar para crealas ou que apoios existen.
Os visitantes poderán achegarse deste xeito ao
cooperativismo agrario, ao autoemprego cooperativo, ou mesmo comprobar se teñen
“madeira de cooperativistas” a través dunha exposición marcada polo seu
carácter interactivo e dinámico.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)