miércoles, 24 de octubre de 2012

Experiencias Cooperativas nos Institutos de Educación Secundaria de Galicia



Como vemos a continuación as labores da Rede Eusumo non só se centran nos emprendedores de idade media ou senior senón que tamén pretende inculcarlle os nenos, futuros emprendedores, as diferentes alternativas de emprego que existen despois do traballo por conta allea.

Presentación da Rede Eusumo



A Rede Eusumo é unha rede impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, no territorio de actuación.


A Rede Eusumo créase para promover este modelo empresarial en todo o territorio de Galicia, impulsando o seu desenvolvemento no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo. 

Xornadas sobre Cooperativismo Macizo Central-Trevinca


As diferentes Oficinas de Fomento Cooperativo repartidas por toda Galicia realizarán ata Maio do 2013 diversas Xornadas formativas, informativas e divulgativas sobre as Sociedades Cooperativas.

Presentación Oficina


 

A Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade Terra de Celanova ven de iniciar a súa andaina, grazas ó apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo. A súa actividade intégrase na Rede Eusumo, e dará servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos concellos de Cartelle, Celanova, A Merca, Pontedeva, Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.