miércoles, 17 de abril de 2013

As cooperativas Jesús Nazareno e Viña Almirante participan na maior venda histórica de viño a Brasil


As cooperativas Jesús Nazareno do Barco -amparada pola denominación de orixe Valdeorras- e Viña Almirante de Portas -de Rías Baixas- protagonizaron unha operación histórica no que a venda de viño se refire. Ambas as dúas empresas xuntaron esforzos para vender, nun único pedido, 50.000 botellas de viño. A cantidade supón o dobre do que toda a denominación de orixe Rías Baixas comercializa neste país sudamericano nun ano. «É a operación máis grande feita non estranxeiro con viños de calidade», explicou José Estévez, de Viña Almirante. E moito máis do que aparece na historia de Valdeorras, dende onde o ano pasado se enviaron 700 litros a Brasil, todos de viños brancos, segundo os datos achegados dende o consello regulador.

Alfredo Vázquez, xerente da cooperativa do Barco, con José Estévez, de Viña Almirante