martes, 11 de junio de 2013

Estratexia de emprendemento e empleo xove 2013/2016

A Estratexia de Emprendemento e Emprego Xove 2013-2016 enmárcase no obxectivo do Goberno de impulsar medidas dirixidas a reducir o desemprego xuvenil, xa sexa mediante a inserción laboral por conta allea ou a través do autoemprego e o emprendemento.


A Estratexia, que é o resultado dun proceso de diálogo e participación cos Interlocutores Sociais, responde ás recomendacións que, en materia de emprego novo, realizou a Comisión Europea e enmárcase dentro de Plan Nacional de Reformas posto en marcha polo Goberno.

Ademais, está en liña cos obxectivos da "Garantía Xuvenil" europea e desenvolve boa parte das recomendacións específicas ou liñas de actuación que propón o documento.


Resumo executivo estratexia emprendemento e empleo xove 2013/2016 (premer encima)



AVEGA dez anos producindo ovos ecolóxicos

A Sociedade Cooperativa AVEGA, con sede na localidade pontevedresa de Agolada, é unha das empresas galegas de referencia en agricultura ecolóxica. Actualmente, a firma produce ovos, baixo dúas marcas distintas (Don Ovo e Avega)



Cooperativa AVEGA comercializa actualmente ovos, queixos e pensos totalmente ecolóxicos. Durante 2012 a firma galega puxo no mercado máis de 6 millóns de ovos e preto de 30.000 quilos de queixos. No ano 2003 comezaron a producir ovos ecolóxicos.

A Sociedade Cooperativa AVEGA, con sede na localidade pontevedresa de Agolada, é unha das empresas galegas de referencia en agricultura ecolóxica. Actualmente, a firma produce ovos, baixo dúas marcas distintas (Don Ovo e Avega); queixos de vaca, en formato redondo e tetiña; e pensos, tanto para o consumo dos seus propios animais coma para a súa venda.

Todos os produtos comercializados dende a cooperativa AVEGA contan coa certificación do Conselo Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), único órgano con capacidade para certificar o carácter 100% ecolóxico dos produtos.

Durante o ano 2012, a firma galega introduciu no mercado máis de 6 millóns de ovos e preto de 30.000 quilos de queixos que comercializou a través de tendas, venda directa e a través da venda dos seus produtos en grandes superficies como El Corte Inglés ou Carrefour, aínda que as maiores vendas son a través de distribuidores.

Nestes momentos, a firma conta con seis centros de traballo. A sede da cooperativa, na que están as oficinas e as instalacións da queixaría, está situada en Agolada (Pontevedra). Catro granxas de galiñas, situadas nos concellos de Silleda (Pontevedra), Palas de Rei (Lugo), Paradela (Lugo) e Entrimo (Ourense), dedícanse á produción de ovos e as instalacións situadas no concello de Rodeiro (Pontevedra), están dedicadas á produción de penso ecolóxico.

O cadro de persoal de AVEGA está conformado por 10 persoas ás que habería que engadir os preto de 15 postos de traballo indirectos creados arredor do seu negocio.