Delagro, integrada por cooperativas de Asturias, Cantabria e
Galicia, facturou o pasado ano 183,7 millóns de euros, o que supón un
incremento do 14% con respecto a 2011.
A entidade informa de que tamén se superou -neste caso, nun
1,3%- o importe dos beneficios obtidos a repartir entre os socios, que ascendeu
a 2.076.000 euros.
Dende a súa constitución en 2006, Delagro repartiu un total
de beneficios de máis de 17 millóns de euros.
Delagro atribúe estes bos resultados "a un traballo
previo de gran planificación empresarial, resultado dunha importante
integración de cooperativas que abrangue as comunidades de Asturias, Galicia e
Cantabria, e a especialización profesional, con importantes investimentos en
recursos humanos,".
A cooperativa destaca que estes investimentos permitiron
ampliar as áreas de servizo de modo que, na actualidade, ademais de ser a
central de compras máis relevante do norte de España, ofrecen servizos
multidisciplinares que aspiran a abranguer por completo as necesidades das
entidades integradas.
En canto á elección de Consello Reitor, mantén a presidencia
Javier Taboada, presidente da cooperativa Icos (Chantada) e vicepresidente da
cooperativa AIRA.
fonte: ABC