A delicada situación pola que atravesa o sector pesqueiro
obriga a buscar alternativas para revalorizar os prezos do produto e,
precisamente, niso traballan dende hai tempo confrarías de Muros e Noia, co
respaldo do Grupo de Acción Costeira 4 (GAC 4). Os pósitos sentaron
as bases para centralizar as vendas mediante a creación dunha plataforma
on-line, unha experiencia piloto que arrancará coa comercialización do polbo.
A iniciativa de concentrar as poxas comezou a xerarse tras a realización dun
estudo sobre a viabilidade do sector pesqueiro encargado polo GAC 4.
No informe suxeríase, segundo indicou a xerente, Manuela Oviedo, a
creación dunha cooperativa de vendas.