lunes, 6 de mayo de 2013

Presentación do proxecto De aquí, xusto e ecolóxico: o rural como motor de cambio


Distintas organizacións galegas poñen en marcha "De aquí, xusto e ecolóxico". Este proxecto nace do traballo común de varias asociacións galegas. Trátase dun proceso de sensibilización e formación para a mocidade galega coa finalidade de que valoren os seus recursos propios e pensen no rural como unha posibilidade real de autoemprego. Este proxecto pretende desenvolver obradoiros formativos nas catro provincias galegas para amosar estas potencialidades e intercambiar experiencias de éxito, colaborando con proxectos de aquí, xustos e ecolóxicos que xa estean funcionando.

A presentación do proxecto terá lugar a semana e contarase coa participación de Yasmin Martínez da cooperativa azucareira UBPC Ricardo González del Baliño, de Cuba.


A produción ecolóxica na Feira Internacional da Semana Verde de Galicia


O 17º Salón de Alimentación do Atlántico -Salimat-, que se celebrará do 13 ao 16 de xuño no marco da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, dedicará, por primeira vez, un grande área á alimentación ecolóxica. O espazo combinará a exposición dos produtos coa degustación destes, así como actividades relacionadas coa produción de alimentos saudables.

O monográfico estará coorganizado coa empresa Fogar do Santiso, e ten como obxectivo dinamizar o sector e informar sobre a importancia da agricultura ecolóxica, fortalecer e crear sinerxías dentro da cadea de alimentación.

O programa de actividades incluirá unha charla para profesionais a cargo do director do Conselo Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, Ernesto Sánchez Delgado. Baixo o título La colaboración como estratexia para o sector agroecolóxico, o relatorio se completará cun foro participativo no que se analizarán as fortalezas e debilidades do sector. Estará dirixido polos consultores de responsabilidade social corporativa para pequenas e medianas empresas, Mercedes Fernández e Tito Diéguez.

Os actos pecharanse cun 'Espectáculo Cooking' sobre cociña de produtos ecolóxicos sobre a brasa. Nel participarán Fogar do Santiso, a cooperativa Biocoop e a empresa de fornos Josper.