A cooperativa de consumidores ou de consumo é
unha sociedade de persoas cuxo obxectivo é realizar unha actividade económica
de subministración de bens e servizos para os seus socios e o seu ámbito. A
través da cooperativa, os consumidores e usuarios satisfán as súas necesidades
buscando mellores condicións de calidade e prezo.