Dende que nos 80 o consumo
agroecolóxico comezou a dar os seus primeiros pasos en España a súa expansión
foi silenciosa pero constante, e mesmo en tempos de crise as asociacións e
cooperativas ecolóxicas lograron manter o seu crecemento entre un 8% e un 20%
anual. ¿A clave? Produtos frescos, de calidade e a un prezo que, ao contrario do
que se pensa, non necesariamente sae máis caro que o dispoñible nas grandes
superficies.
Ao redor dun millar de familias galegas aposta xa por encher a súa
neveira de forma responsable e con criterios sostibles. A fórmula elixida por
estes consumidores elimina intermediarios e permite garantir a agricultores e
gandeiros un prezo mínimo polos seus produtos.
Promotores e membros das
principais cooperativas agroecolóxicas que funcionan en Galicia, como Árbore,
en Vigo, con 330 socios, A Xoaniña, en Ferrol, cuns 200, ou A Cova dá Terra, de
Lugo, con 160 unidades de consumo, sosteñen que se pode chegar a aforrar ata un
30%.
A fórmula para conseguir o maior nivel de aforro, explican, consiste en
integrarse no tecido asociativo, orientar axeitadamente a forma de consumir e
optar na medida do posible por produtos de tempada e a granel. "O sistema
cooperativo pon solucións reais ao nivel de calidade e prezo pero falta moito
consumo consciente e coñecemento", explica Diego Alonso, de Árbore.
A cooperativa viguesa Árbore vende productos ecolóxicos aos seus socios