lunes, 25 de marzo de 2013

Cooperativas inscritas e número de socios iniciais das mesmas, por ano e rexistros provinciais



Coñecendo á cooperativa Delagro


Delagro é unha cooperativa de segundo grao, integrada, á súa vez, por máis de 40 cooperativas e entidades, algunhas delas, de segundo grao de Asturias, Cantabria e Galicia que, xuntas achegan máis de 80 cooperativas socias, con máis de 17.000 asociados.
"Estamos onde nos necesitan".

O seu raio de acción esténdese polo Norte de España e o seu ámbito de incidencia abrangue o ámbito agrogandeiro, dende a comercialización e elaboración de produtos ata un amplo abano de servizos capaz de dar solución a calquera necesidade que poida formular o cliente.
"Estimúlannos os retos".

A entidade é o perfecto exemplo de integración cooperativa, de como unha estratexia unificadora entre diferentes entidades de menor tamaño chegan a alcanzar unha magnitude considerable, tan competitiva que lle permitiu posicionarse como a central de compras máis importante do noroeste español, estendendo a súa actividade á área de asesoramento e mercadotecnia e acompañada dunha potente estrutura departamental en alimentación e produción vexetal e animal, automoción, láctea, almacén, fertilizantes, plásticos, combustibles, supermercados, comercial, mercadotecnia, administración e finanzas e informática.

Bruxelas apunta que as cooperativas agrarias reforzan o peso dos produtores e axudan a subir prezos


As cooperativas no sector agrario contribúen a reforzar o peso dos produtores na cadea agroalimentaria e axudan a frear a volatilidade dos prezos, que mesmo poden aumentar, segundo un informe publicado este xoves pola Comisión Europea.

Bruxelas examinou o papel das cooperativas no sector agrícola e gandeiro a petición do Parlamento Europeo, que prepara un proxecto piloto para apoiar este tipo de agrupacións. O obxectivo é ofrecer aos produtores información útil sobre como organizarse en cooperativas para que poidan contar cun mercado de "renda sólida".

O estudo conclúe que cando as cooperativas contan cunha importante cota de mercado nun sector concreto nun Estado membro se pode conseguir que "os prezos suban e se reduza a volatilidade" destes. Tamén son importantes para "reducir os riscos de mercado", di o documento, en especial no que se refire ao pagamento das entregas.

Mesmo os agricultores que non forman parte dunha cooperativa se benefician dos efectos positivos que estas organizacións teñen sobre o mercado, segundo apunta o Executivo comunitario no seu informe.

Ventaxas do asociacionismo cooperativo das persoas discapacitadas


Recordade que a obtención do grao de recoñecemento de minusvalidez permite o acceso a unha serie de beneficios como o emprego en cooperativas e sociedades laborais, o fomento da contratación indefinida nas empresas ou a integración laboral en centros especiais. A isto súmanse deducións na declaración da renda, no IVE, no imposto de sucesións e no de sociais ou a exención do imposto de vehículos ou de matriculación de vehículos, entre outras vantaxes.

A estas engádense descontos en transportes, facilidades de acceso á vivenda e á educación, bono social na factura da luz, de teléfono. Os equipos de Valoración e Orientación encárganse de realizar a valoración.