Banco Pastor, Grupo Banco Popular, asinou hoxe un acordo coa Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) polo que proverá os seus socios membros de servizos e produtos exclusivos en condicións vantaxosas. O convenio enmárcase dentro da estratexia global de Banco Pastor que persegue afianzarse como Banco de referencia do sector agrogandeiro en Galicia. O acordo asinárono o Director Xerente de AGACA, Higinio Mougán Bouzon; e Jorge Vicente Vega, Director de Empresas, e Roberto Rodríguez Valcarce, Director de Negocio Agroalimentario, por parte de Banco Pastor.
De esquerda a dereita: Roberto Rodríguez Valcarce, Director de Negocio Agroalimentario de Banco Pastor; Higinio Mougán Bouzon, Director Xerente de AGACA e Jorge Vicente Vega, Director de Empresas de Banco Pastor, durante a firma do acordo.