A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias
organiza nas adega cambadesa Martín Códax unhas charlas sobre o "Emprendemento
e fomento do liderado das mulleres nos órganos de decisión das cooperativas
agroalimentarias en Galicia".
Esta actividade, admite, xorde da necesidade de dar
continuidade a dous proxectos desenvolvidos pola asociación nos tres últimos
anos e que teñen como obxectivo a igualdade. Estes plans buscan unha
participación social, política, económica e cultural orientada á igualdade de
oportunidades entre persoas de sexo masculino e feminino.
Neste programa, no que participan federacións cooperativas
de toda España, identifícanse sociedades nas que se inicia o incremento e se
mellora a participación das mulleres nos Consellos reitores, xa sexa a través
de accións formativas e de sensibilización, principalmente orientadas a
mulleres pero na que tamén poden participar varóns.