COFAGA, como cooperativa que é,
busca beneficios económicos e de servizos para os seus socios, que son os donos
da empresa, e, en consecuencia os perceptores finais dos éxitos. Actualmente
son máis de 630 os socios, e un catálogo de referencias vivas con máis de
25.000 produtos que inclúen especialidades farmacéuticas e produtos de
parafarmacia.
A Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade Terra de Celanova vencellada á Rede Eusumo ven de iniciar a súa andaina, grazas ó apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo.
miércoles, 5 de diciembre de 2012
COFAGA, Cooperativa Farmacéutica Galega
COFAGA é a cooperativa
farmacéutica máis antiga de Galicia. Dedicada á distribución de produtos
farmacéuticos e parafarmacéuticos, acumula dende 1942 longos anos de historia
nos que se posicionou como líder do seu sector na nosa rexión.
Desafíos de futuro para as cooperativas de consumo
Hispacoop celebrou o pasado 28 de
xuño, en Bilbao, a Conferencia "Desafíos de futuro para as cooperativas de
consumo" no marco do Ano Internacional das Cooperativas.
Nela analizáronse os desafíos que
deberán afrontar as cooperativas de consumidores e usuarios nun futuro próximo,
ante un escenario socio-económico cambiante que se reflicte nos efectos da
globalización dos mercados e a transnacionalización das relacións comerciais,
as repercusións da crise económica, do cambio climático e a revolución das
novas tecnoloxías.
Francisco Etxaniz, Presidente de
Hispacoop, asegurou na inaguración que "estes cambios afectan ás
condicións de competitividade das cooperativas de consumo" polo que deben
"adaptarse a este novo ámbito, co fin de non perder o ritmo do mercado,
sen ter que renunciar ás súas características propias e aos valores cooperativos
que as fan diferentes".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)