O Consello Galego de Cooperativas mantivo unha xuntanza ordinaria do Pleno, ao que asistiu a directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso. Na xuntanza abordáronse diferentes asuntos entre os que destacaron o anteproxecto de Lei da Economía Social de Galicia e as convocatorias dos ‘Premios á Cooperación 2015’, do ‘Concurso de Iniciativas Cooperativas 2015’ e do certame ‘Cooperativismo no ensino 2015’.
O Consello Galego de Cooperativas reúnese para abordar o anteproxecto de Lei da Economía Social
Con respecto ao anteproxecto de Lei de Economía Social, Bouso resaltou que é unha normativa que converterá a Galicia na primeira comunidade autónoma en contar cunha lei destas características. Os seus principais obxectivos son o fomento da economía social; a súa posta en valor, dándolle a relevancia social que merece; e a integración do sector, que ata agora estaba disperso, facilitando, así, a súa representatividade e participación institucional.
fonte: Novas Xunta de Galicia