lunes, 15 de septiembre de 2014

Lalín, a futura despensa gourmet de base cooperativa

O alcalde de Lalín, José Crespo, traballa nun proxecto para a renovación do agro que pasa por impulsar os cultivos e producións ecolóxicas. Os chamados alimentos "bio" teñen cada vez un nicho de mercado máis amplo, sobre todo en restauración e en consumidores que priman a calidade ao prezo dos alimentos. O plan do mandatario pasa por impulsar estes cultivos -horta sobre todo- pero sen descartar a produción de animais como porcos ou aves para lograr que a capital dezana poida converterse a medio ou longo prazo nunha despensa de alimentos ecolóxicos que abasteza a mercados e consumidores.

O proxecto conta coa colaboración da Fundación Galicia Verde que dirixe Enrique Banet e que ten a súa sede na parroquia deLeboso (Forcarei). O coordinador desta sociedade e Crespo mantiveron antonte unha reunión para pergeñar os primeiros detalles dunha iniciativa encamiñada á recuperación e potenciación do campo e que algunhas explotacións poidan ter nestes cultivos un complemento á economía familiar. O escenario cambiante nos prezos do leite e a desaparición das cotas supón un momento clave para a busca de alternativas para un sector en permanente crise.

Neste sentido, a proposta inicial, que aínda deberá ser madurada, está pensada para aquelas explotacións cunha base territorial inferior ás 10 hectáreas.