miércoles, 26 de junio de 2013

A Xunta conclue en Moraña un periplo por Galicia co que se anima ao cooperativismo para encontrar unha saída laboral

As dificultades para encontrar unha oportunidade no mercado de emprego levan cada vez máis xente a optar por opcións menos habituais. O cooperativismo é unha das que gaña máis adeptos e que xa dá traballo ao 2 por cento da poboación. Unha vintena de veciños da bisbarra aprendión onte en Moraña como ingresar nesa pequena porcentaxe.


Din que a unión fai a forza e dende a Xunta de Galicia tamén pretenden que esta sexa unha das solucións polas que os cidadáns terán que optar para encontrar un emprego. Así se apuntou en Moraña durante un seminario sobre autoemprego que ao longo deste ano se desenvolveu por diversos puntos da xeografía autonómica.

A cooperativa O Val prevé duplicar a súa produción de tomate negro

Se hai un ano presentaban o anuncio de que ían sacar ao mercado a primeira produción de tomate negro de Santiago, a iniciativa tivo tal éxito que a Cooperativa do Campo Galego do Val prevé este ano duplicar a produción. Segundo explican dende a entidade agraria, o ano pasado venderon preto de 18.000 bandexas desta hortaliza (cada bandexa contén uns 650 gramos de tomates), e este ano prevén roldar a comercialización de 34.000 bolsas.


A cooperativa iniciou este plan piloto en colaboración con Costa Noroeste, e este é o terceiro verán que se desenvolve. A iniciativa enmárcase no plan Novos Horizontes, financiados con fondos europeos e promovido polo Ministerio de Agricultura. O primeiro ano non puideron comercializar a produción debido a que se xeraron cantidades pequenas do produto que se destinou a degustacións. O ano pasado a cooperativa presentou oficialmente a iniciativa, aínda que o tempo irregular provocou que a campaña fose menor da esperada. Esta edición a entidade espera duplicar a produción, non obstante tiveron que atrasar o inicio das vendas, que se atrasará ata a semana que vén.