miércoles, 27 de marzo de 2013

Máis de 5.000 persoas xa visitaron a exposición da Xunta ‘Descubre as cooperativas’ que percorreu 12 vilas galegas


Máis de 5.000 persoas achegáronse ata o momento á exposición da Xunta ‘Descobre as cooperativas’ que mostra de primeira man as oportunidades que ofertan as cooperativas como ferramentas para crear emprego, mellorar a economía social dunha rexión e xerar benestar. Ata o de agora, esta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar xa percorreu 12 vilas galegas. Despois de ser inaugurada en Santiago, desprazouse ata Betanzos, Ordes, Portomarín, Lugo, Celanova, Boimorto, Rianxo, Ourense, Pobra de Trives, Verín, Nogueira de Ramuín e Sarria.

Esta actividade rematará en maio despois de visitar un total de 37 localidades. Así, os próximos emprazamentos onde estará a exposición serán: Terra de Trasancos; Xinzo de Limia; Fundación Coren; Centro de Desenvolvemento de Cooperación Transfronteiriza de Verín; a Mancomunidade de Vigo; os campus de Santiago, Vigo, Elviña, Ourense, Ferrol e Lugo; a Cámara de Comercio de Vigo; a Agrupación Calvos de Randín; Curtis; e a Caixa Rural de Lugo.