Vender de forma organizada fronte aos grandes grupos da
industria e a distribución e comprar conxuntamente os medios de produción son
hoxe os dous retos máis importantes do sector agrario español. A
comercialización dos produtos do campo mantense en mans de cada unha das
cooperativas, pero o segundo reto téñeno practicamente resolto os máis de
17.000 profesionais do sector agrario, especialmente gandeiros da cornixa
cantábrica, a través da Central de Compras Delagro.
Delagro nace da fusión de tres grupos cooperativos de
segundo grao en funcionamento dende hai unha década: a Central Cooperativa
(Ceecoop) en Galicia, o Centro Intercooperativo del Campo (Cica) en Asturias e
os Servizos Gandeiros de Cantabria (Sergacan), que aglutinan case un centenar
de cooperativas de base. "Somos a central de compras para o sector agrario
máis importante de toda a zona norte e mantemos contactos con grupos doutras
zonas na filosofía de que debería existir unha gran central de compras para o
sector agrario en todo o mundo cooperativo", sinala Carlos Castro,
responsable do grupo.
Central Cooperativa (Ceecoop) en Galicia, o Centro
Intercooperativo del Campo (Cica) en Asturias e os Servizos Gandeiros de
Cantabria (Sergacan) conforman a Central de Compras Delagro.