jueves, 29 de noviembre de 2012

O Consello Galego de Cooperativas Participou na Feira Expo 2012 en Manchester

Trátase do evento central do Ano Internacional das Cooperativas e, á súa vez, da feira máis importante do mundo destinada a promover os produtos e servizos cooperativos.

Como resultado desta visita agárdase promover a internacionalización e intercooperación, así como as relacións institucionais para o impulso do cooperativismo.

A participación neste tipo de feiras é unha das actividades previstas no marco do proxecto Coopera +, cofinanciado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, dentro do paquete de actividades de apoio á internacionalización das cooperativas da Eurorrexión.


A Dirección Xeral de Relacións Laborais, pertencente á Consellería de Traballo e Benestar, xunto co Consello Galego de Cooperativas e os restantes socios do proxecto ‘Coopera +’, así coma as asociacións representativas do sector cooperativo galego, participou na feira Expo 2012, organizada pola Alianza Internacional de Cooperativas en Manchester.

Con motivo da celebración do Ano Internacional das Cooperativas, declarado así pola ONU, estanse a celebrar unha serie de iniciativas en todo o mundo, promovidas por organizacións e institucións de diferentes ámbitos que gardan relación co cooperativismo.

Neste caso, trátase do evento central do Ano Internacional das Cooperativas e á súa vez da feira mais importante do mundo destinada a promover os produtos e servizos cooperativos. Nela participaron cooperativas de distintos sectores, organizacións de apoio ao sector cooperativo tanto públicas como privadas e proveedores e público destinatario dos produtos e servizos cooperativos.

Como resultado desta visita agárdase promover a internacionalización e intercooperación, así como as relacións institucionais para o impulso do cooperativismo, ademais de acadar información suficiente para seleccionar os mercados internacionais máis adecuados para os produtos e servizos do sector cooperativo galego.

Doutra banda, esta actividade virá a completar os resultados xa acadados durante a celebración do Encontro Internacional Cooperativo, que tivo lugar en Santiago de Compostela no pasado mes de xullo, e no que se presentaron experiencias de boas prácticas nos aspectos económicos e sociais, co obxecto de coñecer de primeira man distintas realidades e enfoques que destacan pola posta en práctica de valores cooperativos e no que participaron relatores e entidades de todo mundo.

Corrección Dos Erros do Decreto da Rede Eusumo

O día 27 de novembro viu a luz o Decreto que regula a creación da Rede Eusumo.

Debido a uns erros no día de onte publicouse de novo no DOG (Diario Oficial de Galicia) unha modificación de dito decreto no que se achegan os anexos da resolución.
A continuación engadese un enlace o devandito documento.