miércoles, 3 de abril de 2013

Os Centros de Ensino xestionados en réxime cooperativo destinatarios prioritarios na partida publicada pola Consellería de Educación para os colexios concertados


A Consellería de Educación destinará 941,8 millóns de euros a centros con concertos nos próximos catro anos. Na actualidade son 235 os colexios en réxime concertado que reciben financiamento público, polo menos dende a orde de 2009. Agora tocaba a renovación dos concertos, financiamento que poderán solicitar todos os centros de carácter privado que cumpran os requisitos de Educación (son 296 centros privados en total en Galicia).

A Consellería de Educación explicou onte que todos os centros que consideren que cumpren os requisitos poden presentar a solicitude; "despois resolverase tendo en conta todas as condicións". A orde publicada onte no Diario Oficial de Galicia para a regulación de concertos durante os próximos catro anos non especifica se os centros que segregan por sexo poderán recibir financiamento público. O que si consta na orde son os criterios para a concesión do concerto: "poderán renovar ou subscribir o concerto educativo aqueles centros privados que satisfagan as necesidades de escolarización". Entre os que cumpran este requisito, segundo a orde, terán preferencia para acollerse ao réxime de concertos "aqueles que atendan poboacións escolares de condicións económicas desfavorables ou os que realicen experiencias de interese pedagóxico para o sistema educativo". "En todo caso, serán obxecto de atención preferente e prioritaria os centros que funcionen en réxime de cooperativa, así como os que desenvolvan o principio de coeducación en todas as etapas, sen prexuízo do disposto nos convenios internacionais subscritos por España e en virtude da disposición adicional vixésimo quinta de GÁBEA", inclúe a orde.