jueves, 12 de septiembre de 2013

Galicia recolle a primeira colleita de lúpulo ecolóxico

Por primeira vez en España, este ano recóllese lúpulo ecolóxico, cultivado seguindo os procedementos marcados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia. A parcela encóntrase nas instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), na Coruña, e é resultado dun proceso de investigación e probas coordinado entre Fillos de Rivera e o CIAM. A transición dende o cultivo convencional ao ecolóxico levou tres anos e permitirá recoller 1.700 metros cadrados da variedade Nugget, cos que se poderán elaborar 100.000 litros de cervexa.

Nos próximos días continuará a colleita do lúpulo galego de cultivo convencional. Só nas instalacións do CIAM se espera recoller unha produción de 1.600 quilos, que darían en torno a 1,6 millóns de litros de cervexa. Cada ano, novas variedades incorpóranse ás probas de cultivo co obxectivo de avaliar os resultados do seu desenvolvemento. Este ano recóllense once tipos de lúpulo, maioritariamente Nugget, Perle e Magnum, pero tamén outros de orixe checa ou alemán, como son Cascade, Sladek ou Mittelfruhe.