A Oficina do Macizo Central-Trevinca mostra unha
empresa de ovos ecolóxicos
A Oficina de Fomento Cooperativo de Macizo Central-Trevincaachegou
esta semana pasada ao Concello da Veiga o cooperativismo
con saída organizada e materializada, na actividade "Coñecendocooperativas",
levando a un grupo de veciños a coñecer de primeira man as experiencias
cooperativas Avega Sociedade Cooperativa Galega e Milhulloa S.Coop. Galega.
Un grupo de persoas interesadas en emprender baixo a fórmula cooperativa,
integrado por empresarios, gandeiros e persoas en situación de desemprego,
desprazáronse ata Silleda para revisar as instalacións de galiñas
poñedoras en ecolóxico que esta cooperativaAvega posúe, e a través das
cales obtén e comercializa ovos ecolóxicos para todo España.