martes, 12 de febrero de 2013

Cores Tourís coñece a aposta polas novas tecnoloxías e o investimento da cooperativa Cogal de Rodeiro


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou na xornada de onte a cooperativa Cogal de Rodeiro, dedicada a produción de coellos, acompañado polo alcalde da localidade, Luis López Diéguez.

Na visita estivo acompañado polo xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Gerardo Zugasti, e o xefe do Servizo de Control da Calidade Agroalimentaria e Industria, José Manuel Fernández Castro.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a cooperativa Cogal de Rodeiro

SCG-Cogal conta na actualidade cuns 150 traballadores, a maioría deles veciños da comarca. A súa produción supera as 150 toneladas á semana, o que supón uns 110.000 animais.

Horsal convoca unha charla informativa en Castrelo


A cooperativa Horsal celebra o xoves unha charla informativa no centro cultural de Castrelo. É ás 20,30 horas, e o seu obxectivo é explicar aos agricultores e veciños da zona o novo proxecto deHorsal, que se compromete a adquirir a mercadoría de novos colaboradores sen necesidade de que se fagan socios. A cooperativa comprométese a comprar os produtos, e a cambio os colaboradores deben comprometerse a reservar para a sociedade unha parcela ou parte dunha parcela. Horsal xa celebrou unha charla en Corón (Vilanova) e anotáronse ao proxecto unha decena de persoas, que nalgúns casos están no paro e non traballaron nunca en agricultura.