Estas actividades realizanse grazas ó apoio da
Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a
través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao
financiamento do Fondo Social Europeo. E están vencelladas á Rede Eusumo da que
xa falamos en anteriores post.
O obxetivos desta Xornada será explicar e
asesorar ás Cooperativas de Galicia cara o cumprimento normativo e o pleno
aproveitamento das potencialidades que a Lei 14/2011 de Cooperativas de Galicia
posibilita para unha mellor adecuación do funcionamento das cooperativas en
relación cos seus aspectos sociais, económicos e organizativos. Abordarase
especialmente as consecuencias de índole práctico dos cambios producidos,
avaliando a necesidade ouconveniencia de adaptar os estatutos sociais nos
distintos supostos. Deixarase espazo para o coloquio que permita analizar as
distintas casuísticas que teñan un alcance e interese de carácter xeral para os
asistentes.
Data: 29 de Outubro.
Horario: 16:00-20:00 horas.
O emprazamento ou lugar de celebración de ditas
Xornadas será o CENTRO DE DESENVOLVEMENTO COOPERATIVO TRANSFRONTEIRIZO DE VERÍN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario