O avellentamento da poboación
galega, xunto coa competitividade económica, o respecto medioambiental e o aproveitamento
enerxético, constitúen os grandes retos da nosa sociedade para os próximos
anos.
En particular, ao avellentamento
da poboación, e a alta porcentaxe de poboación dependente, sobre todo no ámbito
rural, súmase unha taxa de actividade feminina baixa.
Neste marco, a economía da saúde,
os servizos á terceira idade e os servizos de benestar serán un dos eixos de
desenvolvemento económico estratéxicos.
O presente post ten por obxecto
promover a actividade económica neste sector, baixo a fórmula cooperativa, que
ten demostrado xa ser unha fórmula creadora de emprego en época de crise,
apegada ao territorio, preocupada polo benestar e igualitaria.
As cooperativas nos
servizos sociais
En Galicia existen máis de 30
cooperativas, con actividade no CNAE de servizos sociais.
Case todas prestan servizos SEN aloxamento
Son maioritariamente de Traballo
Asociado (74%) ou de Servizos Sociais e Traballo Asociado (13%)
Alto peso da província de Ourense (35%), con 29% A Coruña, 16% Lugo e 19% Pontevedra.
A metade das cooperativas existentes foron
creadas entre 2000 e 2004.
Presentamos unha selección das cooperativas que colaboraron ofrecendo
información para a elaboración desta guía.
As actividades que se engloban dentro dos servizos
sociais son moi variadas:
teleasistencia
axuda no fogar
centro de día
atención residencial
apoio
a coidadoras
atención
psicolóxica
programas
socioeducativos
terapia
ocupacional
inserción laboral etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario