Os cincuenta anos do primeiro embotellamento da cooperativa
vitivinícola Jesús Nazareno do Barco e os veciños implicados neste medio século
de historia serán os protagonistas da Festa do Botelo de 2013, que se celebrará
o 19 de xaneiro. «É un recoñecementos a todos os que nalgún momento formaron
parte dela», explica o edil de Cultura, Eduardo Ojea, encargado da organización
do evento. A efeméride provocou o cambio nas homenaxes previas á exaltación
gastronómica, que viñan dedicándose a algunha cociñeira local cuxo restaurante
tivese sido un referente no pasado.
O acto irá precedido do pregón, que este ano será lido polo
médico barquense Carlos Calvo. E xa despois dará paso á exaltación
gastronómica, para a que o día 11 se poñerán á venda as entradas, que conservan
o prezo do ano pasado.
A Cooperativa Jesús Nazareno é unha adega con máis de medio
século de historia que traballa cun volume de uva abondo como para poder
diferenciar diversas calidades. Viñedos que crecen no municipio do Barco de
Valdeorras e nos seus arredores, ao leste da provincia de Ourense e case
limitando con León, onde existe unha tradición milenaria do cultivo da vide
dende a chegada dos romanos.
- Rexión: D.O. Valdeorras: A D.O. sitúase ao noroeste da provincia de Ourense.
- Clima en Valdeorras: Clima predominantemente continental con influencias atlánticas.
A temperatura media sitúase nos 11º C e as chuvias oscilan entre os 850-1000 mm
anuais.
- Chan en Valdeorras: Os chans son bastante variados de lousa, calcarios, de
granito. Arcillo-ferrosos e aluviais en terrazas con cantos rodados. Son chans
de forte reacción ácida, con baixo contido en materia orgánica.
- Propietarios adega: José Luis Lois.
- Enólogos: Francisco Cao Rodríguez.
- Ano de fundación: 1957
- Viñedo en propiedade: 250 hectáreas
- Produción anual: 1.750.000 botellas
- Núm. Barricas: 120
- Tipo de barricas: Barricas bordelesas francesas
- Venda mercado nacional: 60%
- Venda mercado exterior: 40%
No hay comentarios:
Publicar un comentario