Dende que nos 80 o consumo
agroecolóxico comezou a dar os seus primeiros pasos en España a súa expansión
foi silenciosa pero constante, e mesmo en tempos de crise as asociacións e
cooperativas ecolóxicas lograron manter o seu crecemento entre un 8% e un 20%
anual. ¿A clave? Produtos frescos, de calidade e a un prezo que, ao contrario do
que se pensa, non necesariamente sae máis caro que o dispoñible nas grandes
superficies.
Ao redor dun millar de familias galegas aposta xa por encher a súa
neveira de forma responsable e con criterios sostibles. A fórmula elixida por
estes consumidores elimina intermediarios e permite garantir a agricultores e
gandeiros un prezo mínimo polos seus produtos.
Promotores e membros das
principais cooperativas agroecolóxicas que funcionan en Galicia, como Árbore,
en Vigo, con 330 socios, A Xoaniña, en Ferrol, cuns 200, ou A Cova dá Terra, de
Lugo, con 160 unidades de consumo, sosteñen que se pode chegar a aforrar ata un
30%.
A fórmula para conseguir o maior nivel de aforro, explican, consiste en
integrarse no tecido asociativo, orientar axeitadamente a forma de consumir e
optar na medida do posible por produtos de tempada e a granel. "O sistema
cooperativo pon solucións reais ao nivel de calidade e prezo pero falta moito
consumo consciente e coñecemento", explica Diego Alonso, de Árbore.
A cooperativa viguesa Árbore vende productos ecolóxicos aos seus socios
A outra gran baza desta forma de
facer a compra é a calidade. "En sabores, texturas e visualización, a
diferenza é inmensa. Ao saber que poden ter o produto fresco, á porta de casa e
cunha relación calidade-prezo na que a diferenza é ínfima moita xente está
disposta a cambiar, opina Alonso. A crise, neste sentido, xoga mesmo ao seu
favor, xa que "hai un tipo de consumidor máis consciente que investiga
para conseguir os produtos", apunta A Cova dá Terra.
Ao abano de organizacións de
consumo consciente e responsable en Galicia súmanse colectivos como a
Cooperativa Zocamiñoca, da Coruña, Semente, de Ourense, ou A Gradicela, de
Pontevedra, que a diferenza dos anteriores, carecen de establecemento público e
distribúen os pedidos aos seus socios nos seus respectivos locais. No caso de
Zocamiñoca, Marcial Branco coincide en que "cada vez hai máis xente
concienciada" e que prefire "tomar unha copa menos que comer unha
mazá cultivada con pesticidas en Chile".
Para Víctor Barro, de Semente,
"a crise deunos unha razón para existir non só como alternativa económica,
senón como alternativa para os produtores".
Pero a pesar do seu crecemento en
número e en volume económico estiman que este sector podería estar a facturar
un millón de euros anuais en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario