Juan José Dieste e Luis Santos, presidente e xerente,
respectivamente, da cooperativa de mariscadores Ría de Arousa estiveron no centro cívico de Neda para explicar a un amplo grupo de socios
das tres confrarías da ría de Ferrol os proles e as contras de constituír unha
sociedade destas características para xestionar os recursos marisqueiros.
O centro cívico de neda acolleu a charla dos responsables da
sociedade arousana D. Alexandre
Recentemente acábase de constituír formalmente a cooperativa de mariscadores Xentes do Mar de Ferrolterra, unha iniciativa que, mirándose no espello de experiencias como a da sociedade arousana -creada en 1973 con 180 traballadores do mar-, pretende mellorar a xestión das zonas de produción e dar un novo impulso á comercialización do marisco local.
Dieste e Santos non só relataron aos mariscadores da ría de
Ferrol as orixes da súa cooperativa e como funciona, senón que tamén
responderon ás preguntas e dúbidas dos asistentes á reunión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario