A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e o Consello
Galego de Cooperativas, co obxecto de facilitar a realización das actividades
de promoción do cooperativismo, organiza o Programa “Cooperamos” 2013.
A través deste programa, os centros educativos de Galicia de
Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional,
terán a súa disposición os servizos de apoio e asesoramento técnico para a
realización de actividades divulgativas e formativas, que sirvan de orientación
e respaldo con medios materiais e técnicos, para consolidar as solicitudes de
participación no Certame Cooperativismo no Ensino 2013
Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes. Os
centros poderán presentar a súa solicitude de participación no programa a
través da páxina web www.cooperativasdegalicia.coop, onde poderán tramitar a
súa inscrición. O prazo para presentar as fichas de inscrición rematará
transcorrido un mes dende a publicación da Orde do 4 de abril de 2013, pola que
se procede á convocatoria do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao
alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia para o ano 2013.
Para resolver calquera dúbida poden chamar ao teléfono 881
999 268 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas ou no correo electrónico:
consellogalegodecooperativas@xunta.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario