A Sociedade Cooperativa AVEGA, con sede na localidade
pontevedresa de Agolada, é unha das empresas galegas de referencia en
agricultura ecolóxica. Actualmente, a firma produce ovos, baixo dúas marcas
distintas (Don Ovo e Avega)
Cooperativa AVEGA comercializa actualmente ovos, queixos e
pensos totalmente ecolóxicos. Durante 2012 a firma galega puxo no mercado máis
de 6 millóns de ovos e preto de 30.000 quilos de queixos. No ano 2003 comezaron
a producir ovos ecolóxicos.
A Sociedade Cooperativa AVEGA, con sede na localidade
pontevedresa de Agolada, é unha das empresas galegas de referencia en
agricultura ecolóxica. Actualmente, a firma produce ovos, baixo dúas marcas
distintas (Don Ovo e Avega); queixos de vaca, en formato redondo e tetiña; e
pensos, tanto para o consumo dos seus propios animais coma para a súa venda.
Todos os produtos comercializados dende a cooperativa AVEGA
contan coa certificación do Conselo Regulador da Agricultura Ecolóxica de
Galicia (CRAEGA), único órgano con capacidade para certificar o carácter 100%
ecolóxico dos produtos.
Durante o ano 2012, a firma galega introduciu no mercado
máis de 6 millóns de ovos e preto de 30.000 quilos de queixos que comercializou
a través de tendas, venda directa e a través da venda dos seus produtos en
grandes superficies como El Corte Inglés ou Carrefour, aínda que as maiores
vendas son a través de distribuidores.
Nestes momentos, a firma conta con seis centros de traballo.
A sede da cooperativa, na que están as oficinas e as instalacións da queixaría,
está situada en Agolada (Pontevedra). Catro granxas de galiñas, situadas nos
concellos de Silleda (Pontevedra), Palas de Rei (Lugo), Paradela (Lugo) e Entrimo
(Ourense), dedícanse á produción de ovos e as instalacións situadas no concello
de Rodeiro (Pontevedra), están dedicadas á produción de penso ecolóxico.
O cadro de persoal de AVEGA está conformado por 10 persoas
ás que habería que engadir os preto de 15 postos de traballo indirectos creados
arredor do seu negocio.
OVOS
AVEGA é unha empresa que nace en 2002 co propósito de
elaborar e producir produtos ecolóxicos. No ano 2003, a cooperativa comezou a
producir ovos ecolóxicos. Nestes momentos AVEGA ten catro granxas de galiñas
dedicadas en exclusiva á produción destes ovos.
As galiñas aliméntanse con cereais ecolóxicos AVEGA,
elaborado con cereais 100% ecolóxicos e libres de transxénicos e OMG
(Organismos Modificados Genéticamente). Ademais, as galiñas críanse en amplos
espazos naturais para que poidan saír das granxas e pasear libremente. A distribución
dos ovos realízase a través de grandes superficies, tendas e distribuidores,
fundamentalmente en España.
QUEIXOS
No ano 2005, a cooperativa comezou a elaborar queixos
ecolóxicos de vaca para o que incorporou ás súas instalacións unha queixaría.
Todos os queixos producidos elaboranse con leite ecolóxico procedente 100% de
Galicia. As vacas só se alimentan de forraxe seca, pastoreo e pensos 100% de
cereais ecolóxicos.
Nas explotacións non se usan nin herbicidas nin compostos
químicos para o aboamento das praderías, o cal redunda nuns animais sans. A
comercialización dos queixos realízase en formato tetilla, redondo e barra.
Tamén hai un redondo de 3 quilos específicamente pensado para a hostalaría.
A composición dos queixos AVEGA é leite ecolóxico pasteurizado
de vaca, fermentos lácteos, cloruro cálcico e sal. Os queixos contan cun olor
suave, cun sabor lácteo e manteigoso, lixeiramente ácido e salgado. A textura é
branda, cremosa e uniforme con poucos "ollos". O sabor dos queixos
recórdanos o sabor tradicional dos queixos de antes.
En AVEGA existe un gran compromiso co benestar animal e
tamén coa súa alimentación, xa que unha boa alimentación dos animais se traduce
en saúde para os consumidores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario