lunes, 9 de septiembre de 2013

As cooperativas agrarias queren potenciar a presenza feminina

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza nas adega cambadesa Martín Códax unhas charlas sobre o "Emprendemento e fomento do liderado das mulleres nos órganos de decisión das cooperativas agroalimentarias en Galicia".

Esta actividade, admite, xorde da necesidade de dar continuidade a dous proxectos desenvolvidos pola asociación nos tres últimos anos e que teñen como obxectivo a igualdade. Estes plans buscan unha participación social, política, económica e cultural orientada á igualdade de oportunidades entre persoas de sexo masculino e feminino.

Neste programa, no que participan federacións cooperativas de toda España, identifícanse sociedades nas que se inicia o incremento e se mellora a participación das mulleres nos Consellos reitores, xa sexa a través de accións formativas e de sensibilización, principalmente orientadas a mulleres pero na que tamén poden participar varóns.

Outras accións


A cooperativa, ademais, tamén está a traballar en accións emprendedoras no rural, relacionadas coa prestación de servizos sociais asistenciais no sector de atención ás persoas dependentes. Neste sentido, ademais traballan para lograr a conciliación da vida laboral, persoal e familiar entre as persoas que forman parte das diferentes cooperativas agroalimentarias.

A asociación galega tamén recalca a longa traxectoria de compromiso social e cultural que dende a súa apertura leva a cabo a cooperativa vitivinícola de Cambados.

O acto dará comezo ás 11,30 horas coa participación de Susana López, secretaria xeral de igualdade da Xunta, José Martínez de Martín Códax e o presidente da asociación José Montes.


Os interesados en participar poden chamar ao 981584783 e preguntar por Ruth Rodríguez ou Berta Pérez.


fonte: Faro de Vigo

No hay comentarios: