martes, 26 de marzo de 2013

Veciños da Veiga interésanse pola opción das cooperativas


A Oficina do Macizo Central-Trevinca mostra unha empresa de ovos ecolóxicos

A Oficina de Fomento Cooperativo de Macizo Central-Trevincaachegou esta semana pasada ao Concello da Veiga o cooperativismo con saída organizada e materializada, na actividade "Coñecendocooperativas", levando a un grupo de veciños a coñecer de primeira man as experiencias cooperativas Avega Sociedade Cooperativa Galega e Milhulloa S.Coop. Galega.


Un grupo de persoas interesadas en emprender baixo a fórmula cooperativa, integrado por empresarios, gandeiros e persoas en situación de desemprego, desprazáronse ata Silleda para revisar as instalacións de galiñas poñedoras en ecolóxico que esta cooperativaAvega posúe, e a través das cales obtén e comercializa ovos ecolóxicos para todo España.


Tras a visita á granxa e á envasadora de ovos que Avega ten enRodeiro, o grupo de veciños da Veiga dirixiuse ata Pas de Rei, para coñecer o novidoso proxecto posto en marcha, baixo a fórmula de cooperativa de traballo asociado, por tres mulleres, a cooperativaMilhulloa. É a única empresa galega dedicada á produción de plantas aromáticas e medicinais.

A oficina busca con este tipo de actividades que as persoas interesadas no emprendimiento cooperativo entren en contacto con grupos de emprendedores xa asentados, que lles permitan ver de primeira man como son na realidade os conceptos teóricos que ata agora coñecen polas xornadas realizadas na oficina, e que comproben que a pesar das dificultades que poidan encontrar polo camiño para a posta en marcha dunha empresa, que saiban que a súa consecución non é un feito imposible, como se puido constatar coa visita estas dúas cooperativas galegas.



No hay comentarios: