lunes, 15 de abril de 2013

Banco Pastor e AGACA asinan un convenio para impulsar as cooperativas agrarias de Galicia



Banco Pastor, Grupo Banco Popular, asinou hoxe un acordo coa Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) polo que proverá os seus socios membros de servizos e produtos exclusivos en condicións vantaxosas. O convenio enmárcase dentro da estratexia global de Banco Pastor que persegue afianzarse como Banco de referencia do sector agrogandeiro en Galicia. O acordo asinárono o Director Xerente de AGACA, Higinio Mougán Bouzon; e Jorge Vicente Vega, Director de Empresas, e Roberto Rodríguez Valcarce, Director de Negocio Agroalimentario, por parte de Banco Pastor.

De esquerda a dereita: Roberto Rodríguez Valcarce, Director de Negocio Agroalimentario de Banco Pastor; Higinio Mougán Bouzon, Director Xerente de AGACA e Jorge Vicente Vega, Director de Empresas de Banco Pastor, durante a firma do acordo.


O virtude do acordo, Banco Pastor achegará unha completa oferta de produtos e servizos deseñados á medida das cooperativas asociadas, co obxectivo de impulsar a súa produtividade, mellorar o seu avances tecnolóxicos e facer crecer os seus negocios. Deste modo, as cooperativas poderán gozar de créditos e préstamos en condicións especiais e facilidades no acceso ás liñas ICO.

Ademais, terán á súa disposición a ampla rede de oficinas de Banco Popular en España e Portugal especializada en Banca Negocio, con máis de 2.500 sucursais e 150 especialistas nos seus centros de empresa. Galicia é o principal mercado de referencia de Banco Popular, cunha cota de mercado do 19 por cento. En canto á concesión de liñas ICO, presenta unha das maiores cotas rexionais de contratación: 1 de cada 4 euros que financia o Instituto de Crédito concédeos Banco Pastor.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) é a organización representativa do cooperativismo agrario da Comunidade Autónoma de Galicia e agrupa máis de 300 cooperativas da comunidade e en torno a 50.000 socios. AGACA exerce a súa actividade a nivel autonómico, estatal e internacional, en todos os foros nos que se dirimen os intereses do cooperativismo, abranguendo os sectores máis representativos da agricultura e gandaría galegas.


No hay comentarios: