martes, 30 de julio de 2013

A Cooperativa Delagro facturou 183 millóns de euros en 2012, un 14% máis que no ano anterior.

Delagro, integrada por cooperativas de Asturias, Cantabria e Galicia, facturou o pasado ano 183,7 millóns de euros, o que supón un incremento do 14% con respecto a 2011.

A entidade informa de que tamén se superou -neste caso, nun 1,3%- o importe dos beneficios obtidos a repartir entre os socios, que ascendeu a 2.076.000 euros.

Dende a súa constitución en 2006, Delagro repartiu un total de beneficios de máis de 17 millóns de euros.

Delagro atribúe estes bos resultados "a un traballo previo de gran planificación empresarial, resultado dunha importante integración de cooperativas que abrangue as comunidades de Asturias, Galicia e Cantabria, e a especialización profesional, con importantes investimentos en recursos humanos,".

A cooperativa destaca que estes investimentos permitiron ampliar as áreas de servizo de modo que, na actualidade, ademais de ser a central de compras máis relevante do norte de España, ofrecen servizos multidisciplinares que aspiran a abranguer por completo as necesidades das entidades integradas.

En canto á elección de Consello Reitor, mantén a presidencia Javier Taboada, presidente da cooperativa Icos (Chantada) e vicepresidente da cooperativa AIRA.

fonte: ABC

1 comentario:

Unknown dijo...

Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /