O deputado autonómico e voceiro de Montes no Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, animou esta mañá aos produtores de mel a acollerse á liña de axudas posta en marcha pola Xunta de Galicia para a mellora da produción e a comercialización apícola.
Hoxe, o Goberno de Feijoo abriu o prazo de solicitude destas axudas económicas que poderán solicitarse durante todo o mes, conforme á orde de convocatoria publicada no DOG.
Entre as actuacións que poden ser obxecto de subvención: asistencia técnica aos apicultores, a través das súas organizacións, en concreto para a contratación de especialistas para información de apoio en actuacións de vixilancia e control da avespa asiática. Outra liña de actuación obxecto de axuda é a destinada á loita contra a enfermidade da varroasis e actividades ligadas a un programa sanitario supervisado por un veterinario responsable da súa correcta aplicación e funcionamento. Ademais, hai previstas axudas económicas para a identificación das colmeas e os marcos, para investimentos en equipamentos de uso exclusivo para a manipulación de colmeas, para a renovación de cera mediante a adquisición de láminas, para a adquisición de material de identificación de colmeas e medios de transporte e manexo de operacións apícolas. Tamén consideran axudas para a subscrición de seguros de danos propios e responsabilidade civil das colmeas.
Os beneficiarios poderán ser todas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas e as cooperativas, organizacións representativas e asociacións de apicultores.
fonte: La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario