Adegas Martín Códax emitiu onte un comunicado para informar de que superou, e con sobresaínte, as dúas auditorías de seguridade alimentaria ás que se acaba de someter.
A cooperativa cambadesa obtivo un grao A, o mellor que se pode conseguir, na British Retail Consortium (BRC), o sistema de seguridade alimentaria creado pola Asociación do Comercio para detallistas do Reino Unido.
No caso da International Food Standard (IFS), Martín Códax recibiu unha sobresaínte nota de 98,18 puntos sobre cen. Esta certificación de calidade foi creada polas cadeas de distribución alemás e francesas e é aceptada ademais en Italia e Holanda.
A obtención destas excelentes cualificacións permitirá á adega acceder a novos mercados.
fonte: La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario