UGACOTA inicia a súa programación de formación para este ano 2015.
Dirixida a: Persoas socias e asalariadas de empresas e entidades da economía social: cooperativas, mutualidades, fundacións e asociacións, sociedades laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego, confrarías de pescadores, sociedades agrarias de transformación e outras entidades singulares adscritas aos principios da economía social.
Resérvase tamén unha porcentaxe de entre o 20 e o 40% de prazas totais do Plan para persoas en situación de desemprego.
– Contrato Programa Autonómico PF-2014/000025. Financiado pola Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar e polo Fondo Social Europeo.
Non é posible cursar máis dun curso ao mesmo tempo desta programación.
O proceso de selección de participantes ven establecido pola orde de Convocatoria (artigo 6 da orde de 24 de outubro de 2014).
– Formación Continua Estatal EXPEDIENTE F140124AA, enmarcada no convenio asinado entre a Confederación COCETA e a Fundación Tripartita .
fonte: UGACOTA
No hay comentarios:
Publicar un comentario