As xornadas Ideas e Persoas que
organiza La Región durante este mes, celebran hoxe a súa quinta e última
sesión, que estará dedicada ao emprendemento.
A partir das seis da tarde,
representantes de novas empresas españolas participarán no Centro Cultural da
Deputación nunha mesa de análise baixo o título 'Novas ideas, novos proxectos,
novas empresas', onde explicarán os pormenores das súas iniciativas.
Nutri Up e Queixos do Xurés
(alimentación), Popup Música (pubilicidade), Dama Alaricana (bebidas alcohólicas),
Ecocelta (aboamentos e fertilizantes) e Pepephone (telefonía móbil) son as
empresas que estarán representadas na sesión, que será clausurada por Eugenio
Palomero. O recoñecido consultor, experto en estratexia e liderado, explicará
na súa conferencia 'Desafiando a realidade', as calidades que debe ter un bo
emprendedor e dará as claves para que un negocio funcione.
No hay comentarios:
Publicar un comentario