Este proxecto, nace como
consecuencia da unión de 11 cooperativas galegas que aglutinan máis de 1000
familias e que xeran máis de 1000 postos de traballo directos e auxiliares.
· Cooperativa Gancobre. Bretoña. Pastoriza
· Cooperativa Tierra Llana. Matadoso. Castro de Rei
· Cooperativa Mopan. Monterroso
· Cooperativa Indega. Silleda
· Cooperativa Codegui. Guitiriz
· Cooperativa Codeira. Naron. Portomarin
· Cooperativa Perpetuo Socorro. Teiraboa. Arzua
· Cooperativa O Pereiro. Meira
· Cooperativa Agraria Comarcal Ordes, S. Coop. Galega
· Cooperativa Fenaval
Alimentos Lácteos, S.A. ten
vocación de sumar a todos os produtores de leite de orixe galega a esta
iniciativa co obxectivo de fortalecer e dignificar o sector gandeiro.
O proxecto non descarta dar
entrada a outras estruturas industriais de transformación, xa sexa por
adquisición a empresas autóctonas ou foráneas ou ben por incorporación doutras
cooperativas lácteas.
Misión:
Alimentos Lácteos, S.A. nace co
obxectivo de aglutinar a un conxunto de cooperativas produtoras de leite de
orixe galega nunha única estrutura industrial que permita transformala e darlle
valor engadido para competir cos principais operadores do mercado lácteo
ibérico.
Visión:
Alimentos Lácteos, S.A. pretende
ser un actor competitivo no mercado lácteo ibérico. Para iso, dispón dunha
tecnoloxía punta, un alto grao de automatización, un persoal formado e
implicado e unha calidade fóra de toda dúbida. O fin de Alimentos Lácteos, S.A.
é obter unha rendibilidade mínima sobre o produto final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario