miércoles, 24 de octubre de 2012

Presentación Oficina


 

A Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade Terra de Celanova ven de iniciar a súa andaina, grazas ó apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo. A súa actividade intégrase na Rede Eusumo, e dará servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos concellos de Cartelle, Celanova, A Merca, Pontedeva, Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

A Oficina de Fomento Cooperativo atópase no seo do emprezamento da Mancomunidade Terra de Celanova, no edificio do Centro Ocupacional, con enderezo Barrio da Ermida nº 39b C.P.: 32800 Celanova. O horario de traballo da Oficina de Fomento Cooperativo é de 8:30 horas a 14:00 horas.

Como “Técnica de Promoción e Fomento do Cooperativismo” a miña tarefa será conseguir facer chegar a todas aquelas persoas emprendedoras a información necesaria sobre as Sociedades Cooperativas así como realizar labores de asesoramento e elaboración de plans empresariais.
Para realizar todo o mencionado anteriormente botaremos man de diversas técnicas informativas como a realización de obradoiros e xuntanzas, nas que poidamos por a disposición dos cidadáns toda aquela información que nos demanden así como diversas actividades divulgativas.
O que pretendemos con todo isto é conseguir que a xente da comarca teña unha idea realista do que é unha empresa Cooperativa.

Como se mencionou anteriormente levaremos a cabo obradoiros, nos que non só daremos conta dos aspectos teóricos das Cooperativas senón que nos involucraremos tamén de xeito práctico, realizando dinámicas grupais e visitando algunha das sociedades cooperativas da comarca.
Do mesmo xeito realizaremos un Estudo de Tendenzas sobre os Sectores Emerxentes na Comarca de Celanova para que aquelas persoas que estean dispostas a emprender teñan unha visión clara de cales son nichos de mercado da zona.
Partiremos dunha visión retrospectiva das ideas de negocio establecidas na comarca e dos servizos e actividades carentes na mesma.
Así mesmo tamen faremos unha predicción sobre as Tendenzas Futuras de ditas líñas de negocio co que obteremos un mapa da situación vindeira da Comarca da Terra de Celanova.
Desempeñaremos tarefas de asesoramento e acompañamento de proxectos cooperativos así como accións formativas e informativas para emprendedores. Co fin principal de dar a coñecer a fórmula cooperativa  e os seus principios e fundamentos básicos.

Do mesmo xeito levaremos a cabo un seguimento exhaustivo dos proxectos cooperativos en xestación.

A finalidade do descrito anteriormente será promover a constitución de sociedades cooperativas na comarca da Terra de Celanova.

No hay comentarios: