miércoles, 5 de diciembre de 2012

Desafíos de futuro para as cooperativas de consumo

Hispacoop celebrou o pasado 28 de xuño, en Bilbao, a Conferencia "Desafíos de futuro para as cooperativas de consumo" no marco do Ano Internacional das Cooperativas.

Nela analizáronse os desafíos que deberán afrontar as cooperativas de consumidores e usuarios nun futuro próximo, ante un escenario socio-económico cambiante que se reflicte nos efectos da globalización dos mercados e a transnacionalización das relacións comerciais, as repercusións da crise económica, do cambio climático e a revolución das novas tecnoloxías.


Francisco Etxaniz, Presidente de Hispacoop, asegurou na inaguración que "estes cambios afectan ás condicións de competitividade das cooperativas de consumo" polo que deben "adaptarse a este novo ámbito, co fin de non perder o ritmo do mercado, sen ter que renunciar ás súas características propias e aos valores cooperativos que as fan diferentes".
Etxaniz destacou que "as cooperativas representan un modelo asociativo que traballa na busca da xustiza social, favorecendo unha economía eficaz e competitiva á vez que socialmente responsable". Tamén se debateu sobre os elementos que caracterizan ás cooperativas de consumo e como deben adaptarse aos novos cambios que esixe o mercado.

Segundo José Miguel Mera, Presidente da Federación de Cooperativas de Consumo de Euskadi, "nestes momentos de debilidade no consumo é onde podemos facernos fortes na nosa xestión e onde se pon a proba o sentido persoal do cooperativismo". Así mesmo, analizouse a figura do socio consumidor, a integración do socio de traballo na cooperativa de consumo e o potencial transformador que a cooperativa ten na sociedade.

Para Alejandro Martínez Charterina, Catedrático da Universidade deDeustoque comezou a Conferencia cun relatorio marco, "a cooperativa, centrada na persoa e no seu ámbito, leva a cabo unha actividade socialmente responsable na que a participación, a solidariedade, a xustiza social e a sostibilidade conducen os seus obxectivos, máis alá do beneficio financeiro, á consecución do ben común".

A Conferencia foi inaugurada polo actual Director Xeral da Economía Social do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, D. Miguel Ángel García Martín ao que acompañou D. Felipe Yarritu, Director de Economía Social do Goberno Vasco.

García Martín destacou na súa intervención a importancia das cooperativas e da economía social como paradigma de boas prácticas e como modelo dunha economía máis xusta e sostible á vez que eficaz e competitiva.

No hay comentarios: