viernes, 7 de diciembre de 2012

A Cooperativa Fagor


Historia:

Fagor Electrodomésticos é a empresa máis señera da Corporación Mondragon, xa que foi a empresa pioneira desta corporación e aínda hoxe en día segue sendo unha das máis importantes. Xurdiu en outubro de 1956 cando cinco ex-estudantes da escola profesional de Mondragón: Luis Usatorre, Jesús Larrañaga, Alfonso Gorroñogoitia, José María Ormaetxea e Javier Ortubay, compraron o taller Otalora situado en Vitoria-Gasteiz e que posuía licenza para construír aparatos de uso doméstico. Chamaron a empresa Talleres Ulgor, palabra formada polas iniciais dos seus apelidos.

En 1959, imbuídos nas ideas de José María Arizmendiarrieta, fundador da escola profesional, transformaron a empresa en cooperativa. O taller de Vitoria trasladouse a Mondragón e en 1959 rexistraron como marca Fagor, despois de que lles fose imposible rexistrar Tagor. A empresa sería coñecida a partir de entón como Fagor, aínda que oficialmente continuou sendo Ulgor ata 1990.

Fagor sería a cooperativa máis dinámica das que se fundaron en Mondragón naquela época, contribuíu decisivamente a formación doutras cooperativas, á da Caixa Laboral en 1959, a Escola Politécnica en 1964 e o embrión de MCC no mesmo ano.


Marcas:

Fagor Electrodomésticos posúe numerosas marcas. A nivel internacional as súas dúas marcas principais e máis coñecidas son Fagor e Brandt, sendo a primeira delas ademais unha marca de primeira orde en España e a segunda en Francia. De Dietrich é outra marca internacional que vén a ocupar un nicho máis alto de mercado.

En España posúe outras dúas marcas asentadas: Aspes e Edesa. Edesa é a segunda marca de Fagor, que a partir de 2006 vai orientarse cara á clientela nova. Aspes vén a ser a marca do segmento medio-baixo de mercado.

En Francia posúe outras dúas marcas coñecidas: Sauter unha marca de cociñas e Vedette de lavadoras.
En Italia Ocean orientada a mozos e SanGiorgio, de lavadoras.

Por último para Polonia e mercados do leste posúe a marca Mastercook.


Compañías filiais:

·         - Edesa, S.Coop.: é unha compañía de electrodomésticos fundada en 1941 en Basauri, (Biscaia). Durante moitos anos foi a empresa nacional líder no sector de electrodomésticos en España. Tras pasar por unha mala época foi absorbida por Fagor Electrodomésticos en 1989 e convertida nunha cooperativa filial. Fagor Electrodomésticos posúe directamente o 60,65% do conxunto de accionistas, mentres o resto é propiedade dos socios-traballadores de Edesa. Aínda que Edesa subsiste como unha sociedade independente, o certo é que está moi integrada en Fagor Electrodomésticos. Actualmente a planta de Edesa en Basauri, que ocupa uns 650 traballadores fabrica frigoríficos e termos indistintamente para as diferentes marcas do grupo. Por outro lado Fagor conserva Edesa como segunda marca da compañía, aínda que fabrica os produtos da devandita marca tamén indistintamente nas distintas fábricas que posúe.

·           - Extra-Electromenagers S.A.: é unha compañía situada en Mohammedia (Marrocos) dende 1995. Foi a primeira compañía que creo Fagor Electrodomésticos para internacionalizar a súa produción e entrar no mercado do Magreb. A fábrica de Extra-Electromenagers conta cuns 200 empregados e dedícase á montaxe de diferentes electrodomésticos de liña branca das marcas do grupo. Fagor Electrodomésticos posúe o 99,99% do conxunto de accionistas.

·         - Geyser GasTech S.A.: é unha empresa de joint venture creada en 1997 entre Fagor Electrodomésticos e a compañía alemá Vaillant ao 50%. Ten a súa fábrica en Vergara, (Guipúscoa), na mesma bisbarra onde se sitúa Fagor Electrodomésticos. Dedícase á fabricación de quentadores de gas, que son comercializadas tanto baixo as marcas de Vaillant (Vaillant e Saunier Duval), como as de Fagor (Fagor, Aspes, Edesa e Mastercook); así como por outras multinacionais AEG e Electrolux. En 2005 facturou 65 millóns de euros e posúe un equipo de 400 traballadores.

·           - Rotártica S.A.: é unha empresa participada ao 57,14% por Fagor Electrodomésticos e en cuxo conxunto de accionistas está tamén presente Gas Natural. A empresa foi fundada en 2000 e actualmente está situada en Basauri xunto ás instalacións de Edesa. A empresa dedícase á fabricación de aparatos de aire acondicionado que funcionan con gas natural e enerxía solar, un produto novidoso no mercado.

·          -  Ibai, S.Coop.: é unha sociedade participada ao 63,52% por Fagor Electrodomésticos, en cuxo conxunto de accionistas toma tamén parte o SPRI (Sociedade de fomento industrial do Goberno Vasco). É a empresa de recente creación que fabrica o Driron, un produto novidoso que está a comercializar Fagor e que consiste no primeiro electrodoméstico robotizado a nivel mundial que pasa o ferro a todo tipo de roupa. A empresa está situada en Mondragón.

·              - Fagor Hometek, S.Coop.: é un centro de I+D+i. Está situado en Mondragón.

·        - Grupo Grumal S.A. é un grupo de varias empresas de Azpeitia, Guipúscoa, que fabrican portas e accesorios para mobles de cociña, baño e armarios para o fogar. O Grupo foi comprado en 2005 por Fagor Electrodomésticos á multinacional norteamericana Masco e está previsto que para 2010 se transforme nunha cooperativa denominada Fagor Mueble de Cocina.

·           Fagor Brandt: en 2005 Fagor Electrodomésticos converteuse en accionista único da empresa de electrodomésticos francesa Groupe Brandt, que pasou a chamarse Fagor Brandt. Fagor Brandt posúe á súa vez as súas propias filiais como BrandtItalia. Fagor Brandt posúe 5 plantas de produción en Francia e 1 en Italia, contando con 4.500 traballadores en total. Fagor Brandt achega a marca Brandt ao grupo, posiblemente a marca de electrodomésticos máis coñecida de Francia, así como outras marcas menos coñecidas (De Dietrich, Sauter, Vedette, Ocean, Samet, SanGiorgio) especialmente estendidas en Francia e Italia. (En Francia Fagor Brandt é líder e posúe o 18% de cota de mercado). Esta é a adquisición máis importante que realizou Fagor Electrodomésticos ata o momento.

·           Ekisun S.A.: é unha joint venture formada por dúas cooperativas de MCC; Fagor Electrodomésticos, que posúe o 35% e Ecotécnia para a comercialización de paneis solares fotovoltaicos. Foi creada en 2004 e ten a súa sede tamén en Basauri.

·           -  Shangai Minidomésticos Cookware Co.Ltd.: é unha joint venture de Fagor Electrodomésticos en Shanghái, (China) coa empresa local Shangai Vacuum Flash, onde a cooperativa posúe o 30% do conxunto de accionistas. A empresa dedícase dende 2001 á fabricación de potas a presión.

·            - Fagor Mastercook S.A.: anteriormente chamada Wrozamet; é unha compañía polaca de electrodomésticos situada en Breslavia, onde Fagor Electrodomésticos entrou en 1999 no conxunto de accionistas, conseguindo o 41% da compañía. Actualmente fabrica electrodomésticos para varias marcas do grupo; mentres que en Polonia se comercializan a marca Mastercook.

Ademais posúe numerosas empresas subsidiarias comerciais en todo o mundo, tanto directamente propiedade de Fagor Electrodomésticos como de Fagor Brandt.


Productos e novidades:

Fagor estivo sempre á vangarda da técnica: en 1978 lanzou o primeiro forno co sistema Touchmatic para programalo cun só botón e en 1987 lanzou o To-Do, o primeiro forno en levar un magnetrón incorporado, polo que funcionaba como forno e microondas. Fagor lanzou o Driron, o primeiro electrodoméstico robotizado que seca e pasa o ferro a todo tipo de roupa. Fagor lanzou unha gama de caldeiras de Biomasa. Ideal para os que queren aforrar combustible.


Servicio Técnico Fagor:

O Servizo Técnico Fagor, ou, máis correctamente o Servizo de Asistencia Técnica (SAT) da marca Fagor, fai referencia á rede de centros oficiais que se encargan de instalar, reparar e manter electrodoméstico Fagor.

O Servizo Técnico Fagor consta de 108 centros oficiais con persoal formado e soportado pola marca Fagor. En total, o persoal destes centros oficiais ascende 650 técnicos que dan servizo a máis de 900.000 usuarios en todas as comunidades de España.

Todos os centros de servizo técnico Fagor contan co certificado ISO 9001 que acredita o Sistema de xestión da calidade.


Formación:

A rede de servizos Fagor conta con 4 categorías diferentes de profesionais:

  • Inicia: destinada a persoas recén incorporadas ao sector que baixo a supervisión doutra de máis cualificación vai adquirindo coñecementos e experiencia para poder traballar autonomamente. É unha fase transitoria pola que todos os técnicos que se incorporen á rede deben pasar.
  • Técnico xeralista: obriga ter superado o exame de Técnico Xeralista ou acreditar unha experiencia no sector de, polo menos, tres anos. Para conseguir esta cualificación hase de acreditar a solvencia na realización de traballos de xeito autónomo en situacións de complexidade media e de resolver o 90% dos casos que se lle presenten ao candidato.
  • Técnico especialista en produto: acredita que se trata dun técnico capaz de realizar o seu traballo de xeito autónomo e de resolver á primeira todos os casos relacionados co produto no que é especialista.
  • Mestre de produto: acredita o técnico como un experto na súa área de traballo, cun alto grao de iniciativa e de razoamento e capacitado para resolver o 100% dos casos relacionados co produto.

Infraestructura:

O Servizo Técnico Fagor conta cun almacén central de recambios orixinais con máis de 50.000 referencias de pezas. Este almacén central conta co certificado ISO 9001 e ISO 14000.

Fóra de España, o Servizo Técnico Fagor conta con almacéns de recambios na maioría dos países de Europa.

O número de pezas de recambio distribuídas polos almacéns do Servizo Técnico Fagor, ascende a 5 millóns de unidades anuais. Desta cantidade, un 33% entrégase en mercados internacionais.

No hay comentarios: